A candidatura do BNG en Bueu ten "ilusión e compromiso" para afianzar o seu modelo de xestión

Bueu
20 de abril 2023

O BNG de Bueu ven de presentar a listaxe completa de persoas que integran a candidatura que encabeza Félix Juncal para o vindeiro 28M

Candidatura do BNG de Bueu
Candidatura do BNG de Bueu / BNG de Bueu

O BNG de Bueu vén de presentar a listaxe completa de persoas que integran a candidatura que encabeza Félix Juncal para o vindeiro 28M. 

Os nacionalistas aseguran que a candidatura aposta por unha combinación de experiencia con novas incorporacións que suman a súa implicación en diferentes áreas da sociedade.

Nos primeiros postos da candidatura de Félix Juncal para revalidar unha nova maioría atópanse Xosé Leal (número 2), Laura Ogando (3), Carmen García (4), Martín Villanueva (5), Silvia Carballo (6), Ricardo Verde (7), Alberto Moital (8), Julio Villanueva (9), Nerea Vidal (10), Josuha Acuña (11), Alberto Chapela (12), Ana Isabel Otero (13), José García Cuervo (14), Teresa López (15), Laura Gallego (16) e Antonio Rosales (17). 

Os suplentes son Agustín Gallego, Carmen Otero e Inmaculada Rodríguez.

O BNG asegura que é un equipo "multidisciplinar e dinámico, con ilusión e compromiso para seguir consolidando o seu modelo de xestión en Bueu e continuar construíndo o futuro da vila".