Operarios de Augas de Galicia comezaron os traballos de limpeza do tramo urbano do río Gallo ao seu paso por Cuntis.
Trátase dun compromiso adquirido polo ente autonómico o pasado mes de xullo tras unha reunión co alcalde, Manuel Campos, na que se tratou a vella demanda dos veciños e do Concello.
Os traballos consisten na retirada de vexetación e especies invasoras presentes na canle do río.
Ademais procédese á limpeza de sedimentos e á súa retirada con maquinaria pesada, realizando complementariamente un control arqueolóxico.