A Xunta licitou a creación dun novo centro de protección de menores na Casa da Quintán de Ponte Caldelas.
O director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Jacobo Rey, acompañado do delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Luis López, visitou este luns estas instalacións que permitirán a posta en marcha de 12 prazas de atención e a creación de 20 postos de traballo.
Segundo afirma a Xunta nun comuniciado "trátase dun servizo moi necesario na provincia de Pontevedra e que será pioneiro a nivel nacional na atención integral e especializada de rapaces con trastornos no ámbito da saúde mental, un modelo pioneiro a nivel nacional".
O goberno galego investirá 700.000 euros ao ano no seu funcionamento.
Este inmoble indiano está distribuído en planta baixa e dúas alturas e cunha estrutura de casa familiar, "un deseño que o converte nun recurso ideal para ofrecer un ambiente cálido e acolledor aos menores", engade a Xunta.
Dispón tamén dunha ampla zona exterior para realizar actividades ao aire libre.