A Casa de Don Fernando abre as súas portas para atender temas deportivos e de xuventude en Sanxenxo

Sanxenxo
03 de agosto 2020

Desde este luns este espazo está operativo e acolle a 32 estudantes, con idades comprendidas entre os 12 e os 17 anos, que participan en obradoiros de fotografía, gamers e xogos de cooperación

O concelleiro Daniel Arosa e o alcalde Telmo Martín visitan a Casa de Don Fernando
O concelleiro Daniel Arosa e o alcalde Telmo Martín visitan a Casa de Don Fernando / Concello de Sanxenxo

A concellería de Deportes e Xuventude de Sanxenxo conta con nova sede, a Casa de Don Fernando. Desde este luns 3 de agosto, as instalacións se  ecuentran abertas ao público entre as 09.00 e as 14.00 horas.

Telmo Martín, alcalde de Sanxenxo, e o concelleiro Daniel Arousa visitaban as dependencias onde xa se desenvolven talleres coa presenza de 32 mozos do municipio con idades comprendidas entre os 12 e os 17 anos, que realizan actividades relacionadas coa fotografía,  gamers e xogos de cooperación. Os participantes, que con motivo da crise sanitaria víronse reducidos á metade respecto ao 2019, realizan actividades tanto no interior como nos xardíns das instalacións.

O investimento nas obras de reforma ascenden a 146.815 euros e o edificio adaptouse para permitir a accesibilidade universal. Con esta redistribución dos departamentos municipais, Telmo Martín sinalou que a intención é descentralizar as oficinas do Concello e achegar os servizos á cidadanía. Os servizos sociais, que tamén forman parte desta concellería de Deportes e Xuventude, permanecerán nas oficinas situadas na entrada de Portonovo.

A Casa de Don Fernando construíuse en 1900 e dispón dunha leira xardín de 800 metros cadrados de extensión, que será adaptada para que acolla concertos e espectáculos. Durante este verán, xa é o escenario onde se desenvolven as actividades da programación cultural en Portonovo co ciclo de Cinema na Rúa e diversos concertos musicais.