A Casa do Concello, primeiro lugar de visita do novo alumnado da Escola Naval de Marín

Marín
28 de agosto 2019

Os 111 alumnos e alumnas presentáronse á alcaldesa e recibiron unhas palabras de benvida de María Ramallo á Vila de Marín, onde permanecerán durante os vindeiros cinco anos

Recepción da alcaldesa ao novo alumnado da Escola Naval de Marín Concello de Marín

111 estudantes de primeiro ano na Escola Naval realizaron este mércores a súa primeira visita oficial desde a súa chegada a Marín. A visita realizárona á Casa do Concello onde foron recibidos pola alcaldesa María Ramallo.

Estes mozos militares en formación permanecerán durante cinco anos na vila marinense. Durante estas primeiras xornadas atópanse en proceso de adaptación de fronte ao comezo do curso durante a primeira semana de setembro.

Os oficiais instrutores que lles acompañaron entregaron á alcaldesa unha metopa conmemorativa. Entre o alumnado atópanse nove mulleres, dúas delas veciñas de Marín.