A centraliña da Policía Local recibiu 29.917 chamadas o ano pasado

Pontevedra
06 de abril 2015

Mais do 80% dos requirimentos de servizos policiais, están relacionados con actuacións que nada teñen que ver co ámbito penal, é dicir, queixas relacionadas co descanso que en ocasións é perturbado por actividades molestas, accidentes de tráfico e solicitudes de información

Central de Tráfico da Policía Local de Pontevedra
Central de Tráfico da Policía Local de Pontevedra / Mónica Patxot

A central da Policía Local recibiu 29.917 chamadas o ano pasado, segundo un informe emitido dende a Xefatura Municipal.

Sete axentes de policía están a atender a central onde a actividade é máis intensa polas mañás, e especialmente entre as 11 e as 13.00 horas.

Mais do 80% dos requirimentos de servizos policiais, están relacionados con actuacións que nada teñen que ver co ámbito penal, é dicir, queixas relacionadas co descanso que en ocasións é perturbado por actividades molestas, accidentes de tráfico e solicitudes de información.

Concibida deste xeito, a función policial representa un servizo cunha incidencia directa na calidade de vida dos cidadáns, axuda a canalizar as relacións sociais e contribúe ao dereito a vivir nunha sociedade sen conflitos de máis. ÿ a conclusión que destaca este informe ante o dato constatado de que cada vez se acode máis aos axentes locais.