A choiva non pode coas ganas de verbena

Pontevedra
26 de setembro 2021

As coñecidas orquestras Marbella, La Oca, Triunfo, Televisión, Samba, América SL e Fama volveron encher de música de verbena o exterior do Pazo da Cultura de Pontevedra este domingo dentro da programación deseñada pola Xunta de Galicia para apoiar o sector da música de verbena

Festival de Orquestras de Verbena en Pontevedra
Festival de Orquestras de Verbena en Pontevedra

As coñecidas orquestras Marbella, La Oca, Triunfo, Televisión, Samba, América SL e Fama volveron encher de música de verbena o exterior do Pazo da Cultura de Pontevedra este domingo dentro da programación deseñada pola Xunta de Galicia para apoiar o sector da música de verbena.

As previsións meteorolóxicas adversas e a choiva leve que finalmente caeu por momentos neste recinto da avenida Alexandre Bóveda non impediu que os pontevedreses acudiran á convocatoria desta macroverbena. Varios centos de persoas desprazáronse ata o recinto de xeito escalonado durante a tarde

Este festival con sete orquestras é un dos sete organizados en toda Galicia, nos que se deron cita 50 coñecidas orquestras galegas, e que forman parte da programación do Xacobeo 21-22

A cita tiña unha capacidade máxima para 1.000 persoas de pé e con división en sectores para garantir a distancia e o resto de medidas de seguridade. Para asistir, as persoas participantes tiveron que inscribirse previamente.  

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde

Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.

Activar agora