A chuvia converte ao aparcadoiro de Pasarón nunha lameira

Pontevedra
03 de xaneiro 2014

Ao igual que acontece co estacionamento disuasorio de Costas fronte ao Pavillón Municipal dos Deportes o firme de xabre do aparcadoiro do Burgo, fronte ao Estadio de Pasarón, viuse afectado polas chuvias. A circunstancia xa fora advertida polos responsables municipais conscientes de que o aparcadoiro necesitará periodicamente de traballos de mantemento

Ao igual que acontece co estacionamento disuasorio de Costas fronte ao Pavillón Municipal dos Deportes o firme de xabre do aparcadoiro do Burgo, fronte ao Estadio de Pasarón, viuse afectado polas chuvias.

A circunstancia xa fora advertida polos responsables municipais conscientes de que o aparcadoiro necesitará periodicamente de traballos de mantemento.

Cabe recordar que o uso desta parcela municipal como aparcadoiro é provisional ata que o Concello poida urbanizar o ámbito de Pasarón como zona verde.

Mentres tanto o goberno local habilitou nesta un aparcadoiro disuasorio e de balde con capacidade para uns 130 vehículos. A temporalidade desta medida fixo que se recorrese a un pavimento de terra para esta parcela de 3.000 metros cadrados de superficie.