A cidade ve pasar o Xoves Santo máis desapaixonado

Pontevedra
09 de abril 2020

Este día festivo normalmente contaba con celebracións relixiosas e unha das procesións, a dos Pasos, que conta cunha das participacións máis elevada de confrades. O estado de alarma obligó a suspender todas estas actividades e provocou que a cidade apenas rexistrara movementos

Imaxes do festivo de Xoves Santo en Pontevedra
Imaxes do festivo de Xoves Santo en Pontevedra / Diego Torrado

Se todo fose como outros anos, este xoves 9 de abril sería un día festivo en que a maior parte da cidadanía aproveitaría para realizar actividades de lecer e tomarse un día de descanso. 

Como Xoves Santo, os actos relixiosos desenvolveríanse con seguimento dos fieis e ás 20.00 horas desde a basílica de Santa María sairía unha das procesións que máis concorrencia ten na Semana Santa pontevedresa, a dos Pasos, coa participación de sete pasos acompañados por confrarías, costaleiros e centos de confrades.

Con todo, o estado de alarma pola pandemia suspendeu todos estes actos e deixou durante esta xornada un ambiente silencioso, con apenas movemento polas rúas desertas. Só podían verse repartidores, paseantes de cans, persoal de limpeza, algún comprador que acudía aos supermercados abertos e forzas da orde, que garantían que se manteña o confinamento.