A CIG concéntrase para esixir un novo sistema público de atención ás persoas

Pontevedra
10 de novembro 2020

O sindicato leva a cabo manifestacións en todas as cidades galegas para censurar a privatización dos servizos sociais e reclamar máis recursos para as residencias de maiores, os centros de atención á diversidade ou o servizo de axuda no fogar

Concentración da CIG diante da delegación da Xunta en Pontevedra para pedir mellores servizos ás persoas
Concentración da CIG diante da delegación da Xunta en Pontevedra para pedir mellores servizos ás persoas

O sindicato CIG convocou este martes unha concentración simultánea nas principais cidades de Galicia para reclamar á Xunta un mellor sistema público de atención ás persoas. Fronte á delegación da Xunta en Pontevedra, unha vintena de persoas, reclamaron máis recursos públicos para as residencias de maiores, os centros de día, os centros de atención á diversidade ou os servizos de axuda no fogar.

Ao berro de "o público é servizo, ou privado beneficio, os protestantes quixeron plasmar o seu malestar coa política do executivo autonómico que, ao seu entender, está a desmantelar o sistema público de servizos sociais e fomentando a privatización dos mesmos para "facer deles un novo neogcio a costa das persoas máis vulnerabéis".

Alertan desde o sindicato que a pandemia da covid-19 está a poñer de manifesto a necesidade de por os coidados das persoas na lista de prioridades das políticas públicas. Denuncian que nos centros privados ha quedado demostradas as carencias de persoal e material, así como a falta de protocolos e a precariedade laboral. 

Para solucionalo, a CIG propón a creación dun sistema público galego de servizos de atención ás persoas que xestione as residencias, centros de día, centros de atención á diversidade, servizo de axuda no fogar, casas neno ou o transporte adaptado, entre outros moitos programas. Para conseguilo esixen un incremento das partidas orzamentarias destinadas a estes apartados e esixen a transferencia para Galicia de todas as competencias e recursos públicos que permitan desenvolver, aplicar e ampliar a Lei de Dependencia.