A cirurxía bariátrica, unha solución para o 70% dos pacientes con obesidade

Pontevedra
04 de marzo 2024

As técnicas cirúrxicas bariátricas poden lograr un 40 % de perda de peso dos 12 a 18 meses despois da cirurxía, e supoñen un mellor mantemento deste peso a longo prazo que as abordaxes non cirúrxicas

A Organización Mundial da Saúde alerta de que a obesidade triplicouse en todo o mundo
A Organización Mundial da Saúde alerta de que a obesidade triplicouse en todo o mundo / Quirónsalud

A cirurxía da obesidade, coñecida como cirurxía bariátrica, é o tratamento máis efectivo para os pacientes con obesidade mórbida, é dicir, cun índice de masa corporal (IMC) igual ou maior a 40, ou persoas que presentan un IMC menor, pero padecen outras enfermidades vinculadas a esta. A Sociedade Americana de Diabetes tamén recomenda esta cirurxía para tratar esta enfermidade e que é a mellor solución nun 70% dos casos de Obesidade Mórbida.

No Hospital Quirónsalud Miguel Dominguez ofrecemos unha avaliación individualizada do paciente con obesidade e cun equipo multidisciplinar que acompañará o paciente en todo o proceso formado por cirurxiáns xerais, dixestivos, endocrinólogos, psicólogos, psiquiatras e nutricionistas entre outros, para poder establecer o tratamento máis adecuado.

O doutor Jesús Sánchez Nebra, xefe da Unidade de Obesidade do Hospital Quirónsalud Miguel Domínguez, explica que "é vital realizar unha avaliación médica inicial personalizada, deste xeito, podemos recomendar a cirurxía máis adecuada para cada persoa e iniciar o tratamento de forma inmediata". 

Existen múltiples técnicas de cirurxía bariátrica que se poden clasificar en restritivas, aquelas que acurtan o tamaño do estómago, malabsortivas que reducen a absorción de alimentos e as mixtas. "Sempre que sexa posible, recomendo a cirurxía restritiva, en concreto, a gastrectomía tubular coñecida como manga gástrica porque non produce ningún déficit alimenticio", indica o doutor Sánchez Nebra. Esta técnica consiste en reducir o estómago dándolle forma tubular, o que minimiza significativamente o volume da inxesta e a sensación de fame. 

Tamén se realizan outras técnicas como o bypass gástrico, o cruzamento duodenal ou a colocación do balón intragástrico, entre outras. As técnicas cirúrxicas bariátricas poden lograr un 40 % de perda de peso dos 12 a 18 meses despois da cirurxía, e cun mellor mantemento deste peso a longo prazo que as abordaxes non cirúrxicas.

UN ANO DE CONTROL E SEGUIMENTO

A perda de peso máis importante prodúcese durante os primeiros seis meses, pero prolóngase ata o ano ou ano e medio da intervención, momento no que se estabiliza o peso. O seguimento postoperatorio, un control nutricional e psicolóxico é fundamental para manter esta perda de quilos no tempo e evitar a "reganancia" de peso. 

O tratamento nas Unidades de Obesidade de Galicia inclúe seguimento psiquiátrico ou psicolóxico e nutricional, despois da intervención cirúrxica

A cirurxía da obesidade implica cambios moi importantes nos hábitos de alimentación que requiren dun período de adaptación. O tratamento nas Unidades de Obesidade de Galicia inclúe seguimento psiquiátrico ou psicolóxico e nutricional, despois da intervención cirúrxica. "Ocupámonos de todo o proceso: asesoramento, control e seguimento previo á cirurxía e acompañamento posterior", destaca o doutor Jesús Sánchez Nebra.

O equipo das Unidades de Obesidade ofrece toda a información ao paciente para que coñeza o obxectivo terapéutico en cada etapa do proceso e o orzamento pechado. 

O éxito da cirurxía da obesidade demanda que se realicen cambios nos hábitos de vida e alimenticios. Non hai fórmulas milagrosas, é necesario afacerse a uns hábitos saudables para toda a vida.

MÁS CALIDADE DE VIDA

Xunto á redución do peso, os pacientes que se someten a unha cirurxía da obesidade obteñen un conxunto de beneficios para a súa saúde de maneira inminente como a remisión das comorbilidades, a redución da mortalidade e o incremento da calidade de vida, unha das grandes demandas destes pacientes. 

Esta cirurxía tamén ofrece outros beneficios como a redución de mortes prematuras, a reinserción no mercado laboral, o aumento da capacitación profesional e a diminución das baixas laborais.

Consulta información sen compromiso:  
Unidade de Obesidade | Hospital Quirónsalud Pontevedra