A Confederación de empresarios galegos expresa o seu apoio a Ence

Pontevedra
11 de setembro 2015

O presidente da Confederación de Empresarios de Galicia (CEG), José Manuel Fernández Alvariño, trasladou o apoio da patronal galega para que a fábrica de Ence continúe no seu emprazamento actual na Ría de Pontevedra.

Núñez Feijóo co presidente da CEG, Fernández Alvariño
Núñez Feijóo co presidente da CEG, Fernández Alvariño / Mónica Patxot

O presidente da Confederación de Empresarios de Galicia (CEG), José Manuel Fernández Alvariño, trasladou o apoio da patronal galega para que a fábrica de Ence continúe no seu emprazamento actual na Ría de Pontevedra.

Alvariño aproveitou unha comparecencia de prensa para mandar unha mensaxe de "apoyo" á pasteira e valorou os investimentos que prevé na súa planta de Lourizán.

Os destinatarios desta mensaxe de ánimo a Ence, segundo subliñou, envíao tanto desde a presidencia da patronal como por parte dos catro vicepresidentes, que son os responsables das confederacións provinciais e cos que se reuniu recentemente para tratar este entre outros temas.

Así, o representante da CEG referiuse ao feito de que a fábrica de Lourizán sexa "generadora de riqueza" e valorou os "compromisos claros" de investimentos na cidade, para pedir "que no se les pongan trabas".