Representantes da Confederación Española de Policía (CEP) da provincia insisten en mostrar a súa preocupación ante a escaseza de efectivos policiais que se enviarán durante este verán a través do concurso de traslados ás cidades da provincia para cubrir a falta de persoal e as xubilacións. Segundo indican, o número de axentes non cubrirá a necesidade de persoal real que garante a seguridade nas rúas.
Alertan, ademais, de que o Goberno anunciou nas últimas horas o número de policías en prácticas e "a sorpresa foi maiúscula". Sinalan que estes axentes que garantían que o resto de policías puidesen gozar do descanso estival non van cubrir as necesidades reais ao ser unha cifra menor á prevista por estes representantes da CEP.
Na primeira quincena de xullo chegarán estes axentes en formación e a CEP alerta de que en Vigo fronte a 21 policías que se van, só chegarán 12. Mentres que á Comisaría de Pontevedra incorporaranse 10 axentes en prácticas; e en Marín e Vilagarcía, catro respectivamente.
Mostran a súa preocupación porque entenden que a "cidadanía padecerá e sentirá" esta falta de persoal. O sindicato policial inciden en que as comisarías sofren as consecuencias dun catálogo de postos de traballo "totalmente obsoleto e non acorde á realidade delincuencial". Critican a falta de atención a estas demandas por parte de Maica Larriba, subdelegada do Goberno.
Denuncian que a provincia carece de unidades policiais necesarias, como as de guías caninos, importantes para a loita contra a droga; a brigada móbil, especializada en delitos que se cometen en medios de transporte; e unidades de prevención e reacción, carente en Pontevedra, que permita resposta rápida #ante casos de seguridade cidadá. A esta situación, segundo expoñen, súmase agora a dos axentes de prácticas necesarios que axuden aos pequenos persoais como as de Vilagarcía e Marín.