A Confraría de Bueu investiu 130.000 euros na mellora da comercialización e servizos da súa lonxa

Bueu
03 de abril 2024
Actualizado: 30 de setembro

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera, visitou este martes a Confraría de Pescadores de Bueu, que recibiu unha axuda económica

O delegado territorial da Xunta visitou a Confraría de Pescadores de Bueu
O delegado territorial da Xunta visitou a Confraría de Pescadores de Bueu / Xunta de Galicia

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera, visitou este martes a Confraría de Pescadores de Bueu, que recibiu unha axuda de máis de 130.000 euros para a mellora na comercialización e servizos da súa lonxa.

Trátase dunha subvención para proxectos ao amparo das estratexias de desenvolvemento local participativo da que se beneficiaron 22 entidades en toda a provincia de Pontevedra, entre confrarías, asociacións e empresas e que deixou na provincia máis de 1.8 millóns de euros.

Desta forma a Xunta busca dar un impulso ao sector do mar, unha actividade "de referencia en Galicia pola súa calidade, relevancia e importancia histórica", tal e como afirmou o delegado territorial durante a visita.

Neste sentido, Reguera, agradeceu a importante labor de todos os que traballan na confraría e que facilitan o día a día dos mariñeiros e mariñeiras e destacou especialmente "o esforzo que está a facer na Confraría de Pescadores de Bueu por modernizarse, ofrecendo novos servizos que benefician tanto aos profesionais do mar como aos compradores da lonxa".

Pola súa banda, o patrón maior, José Manuel Rosas, agradeceu o apoio da Xunta e sinalou a importancia de contar co respaldo das institucións para levar a cabo iniciativas que permitan ás próximas xeracións seguir vivindo do mar.