A conselleira María Jesús Lorenzana confía no sector do metal para recuperar emprego

Bueu
30 de xullo 2021

A conselleira de Emprego e Igualdade visitaba este venres en Bueu a Escola de Soldadura Quattro Formación que desenvolve un labor formativo na procura dun sector metalúrxico máis competitivo

A conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana
A conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana / Xunta de Galicia

María Jesús Lorenzana, conselleira de Emprego e Igualdade, destacaba este venres na súa visita á Escola de Soldadura Quattro Formación en Bueu a importancia que o sector do metal ten para recupera o emprego dentro da comunidade autónoma.

A representante da Xunta destacaba o labor formativo deste centro para formar a profesionais no sector metalúrxico co obxectivo posto na competitividade e na profesionalización dun mercado que precisa de moita especialización.

Neste sentido, Lorenzana afirmou que a Xunta prestará especial atención ao sector do metal para atender as demandas neste campo a través do estudo de tecnoloxías emerxentes para a transformación do emprego que ten en marcha a administración autonómica.

Actualmente, o sector metalúrxico representa o 20% do Produto Interior Bruto de Galicia, con máis de 3.700 empresas, segundo os datos do informe anual 2020 de Asime. Segundo a conselleira, hai unha previsión de crecemento deste sector do 8% durante este ano e cun aumento de demanda de emprego cualificado.