A consignataria de buques Marítima Consiflet empezará a traballar no Porto Marín

Pontevedra
25 de setembro 2014

A empresa Marítima Consiflet S.A solicitou ao Consello de Administración unha autorización para a prestación do servizo comercial de consignación de buques no Porto de Marín

Porto de Marín Mónica Patxot

A empresa Marítima Consiflet S.A solicitou ao Consello de Administración unha autorización para a prestación do servizo comercial de consignación de buques no Porto de Marín.

Marítima Consiflet S.A comezou a súa actividade como consignataria de buques en 1989. Actualmente ten autorización para operar nos portos de Ferrol-San Cibrao, A Coruña e Vigo así como nos dependentes de Portos de Galicia.

O Consello aprobou tamén unha autorización administrativa solicitada pola empresa Codisoil S.A para a ocupación dun local con destino a oficinas, almacén e laboratorio e dunha parcela para almacenamento e tratamento de refugallos xerados por buques. Codisoil presta no Porto de Marín o servizo Marpol.

Tamén se aprobou na sesión deste xoves unha autorización para a ocupación dun departamento de armadores á empresa Limpeza Marítima de ÿleos S.L.U (Limpoil).