A construción da nave de servizos afronta a cimentación do soto e as escavacións do terreo

Sanxenxo
29 de agosto 2024

A nave, executada por Seranco, terá unha superficie de 3.800 metros cadrados costa 2,2 millóns de euros e terá un prazo de execución de 10 meses. A súa construción permitirá ao Concello de Sanxenxo o aforro de 40.000 euros ao ano polo actual alugueiro do almacén

Construción da nova nave de servizos no parque empresarial de Nantes
Construción da nova nave de servizos no parque empresarial de Nantes / Concello de Sanxenxo

A construción da nave de servizos no parque empresarial de Nantes avanza coa cimentación do soto e as escavacións do terreo que albergará o novo edificio destinado a equipamento de praias, iluminación pública, maquinaria de parques e xardíns.

A nave, executada por Seranco, terá unha superficie de 3.800 metros cadrados costa 2,2 millóns de euros e terá un prazo de execución de 10 meses. A súa construción permitirá ao Concello de Sanxenxo o aforro de 40.000 euros ao ano polo actual alugueiro do almacén.

A parcela municipal na que se levantará a nave ten unha superficie de 8.343 metros cadrados. O almacén incluirá no soto un aparcamento para 16 vehículos municipais e tres puntos con cargadores eléctricos. 

Tamén contará con paneis solares que supoñerán un importante aforro na factura da enerxía eléctrica. O obxectivo é construír un edificio sostible e ecoeficiente cun aseo, dous vestiarios, uns despachos de billetes e dous accesos. O exterior dispoñerá dun aparcamento e un xardín.

A nave sustentarase mediante piares de formigón prefabricado sobre os que apoiarán cerchas a dúas augas prefabricadas. A cuberta da nave proxéctase de estrutura prefabricada como soporte da cobertura de paneis sándwich. O illamento será de panel sándwich.

As fachadas da nave resólvense mediante paneis de formigón armado prefabricados, dispostos a modo de zócalo e cerramento, a partir de determinada altura e seguindo o deseño da fachada de incorpora unha coroación transventilada composta por unha combinación paneis metálicos texturizados e paneis con elementos translúcidos de policarbonato celular e illamento intermedio. Complementarase o cerramento con celosías e parasoles en determinados paramentos, para os efectos de minimizar a exposición de estancias habitables. 

Os chans en contacto co terreo proxéctanse mediante soleira de formigón con espesor acorde á carga e tipo de tráfico que soporte. Dispoñerase sobre capa de grava con protección de lámina de polietileno de alta densidade. O acabado resólvese con formigón puído, con gres antiescorregadizo para os cuartos húmidos. Na carpintería exterior da nave, de aluminio anodizado, proxéctase a instalación de portais de acceso por fachadas, de tipo corredera e/o seccionales elevables. A terra extraída na parcela será reutilizada no acondicionamento da contorna da nave.