A corporación de Sanxenxo cea co rei emérito para celebrar a súa onomástica

Sanxenxo
25 de xuño 2017

Ao convite tamén acudiu a presidenta do Congreso dos Deputados, Ana Pastor e diferentes representantes do sector socioeconómico do municipio. Sanxenxo vai camiño de converterse en primeira residencia para o rei emérito debido á frecuencia e a gran cantidade de días que pasa ao longo do ano na vila turística

A corporación de Sanxenxo cea co rei emérito Juan Carlos I para celebrar a súa onomástica
A corporación de Sanxenxo cea co rei emérito Juan Carlos I para celebrar a súa onomástica / Concello de Sanxenxo

Con motivo da onomástica do rei emérito Juan Carlos I, a corporación local de Sanxenxo decidiu celebrar unha cea con el.

Ao convite tamén acudiu a presidenta do Congreso dos Deputados, Ana Pastor, e diferentes representantes do sector socioeconómico do municipio.

Sanxenxo vai camiño de converterse en primeira residencia para o rei emérito debido á frecuencia e a gran cantidade de días que pasa ao longo do ano na vila turística.

Don Juan Carlos atopou na ría de Pontevedra un marco ideal para practicar a súa afección pola vela e en Sanxenxo xa estableceu un novo grupo de amizades co que parece atoparse moi a gusto.