A cuarta 'Gala de meisinas e meisinos do ano' celébrase o 27 de xaneiro

O Salnés
16 de xaneiro 2024

Esta nova edición vai desenvolverse no Auditorio Municipal do Mosteiro con actuacións musicais e a presentación do xornalista deportivo Terio Carrera

Gala de meisinas e meisinos
Gala de meisinas e meisinos

A cuarta edición da Gala de meisinas e meisinos do ano xa ten data de celebración.

Será o sábado 27 de xaneiro a partir das 20.00 horas no Auditorio Municipal do Mosteiro no Concello de Meis.

Durante o evento premiarase a diversas asociacións, entidades e persoas particulares do municipio polo labor desenvolvido durante o último ano.

A presentación da gala correrá a cargo de Terio Carrera, xornalista deportivo da CRTVG

Ademais, durante a gala, actuarán a Banda de Música da Vertula, unha agrupación con máis de tres décadas de traxectoria; Raúl & Cia; e Ángeles Lago, vocalista viguesa.

O acto está promovido polo Concello de Meis e tradicionalmente conta coa presenza de numeroso público.