A D.O. Rías Baixas celebra o Día Movemento Viño

Pontevedra
18 de abril 2018

A cita será na pontevedresa Praza da Pedreira coa actuación do grupo local La Casa de los Ingleses. O Día Movemento Vino D.O. terá como acto central un brinde que se realizará de forma simultánea en 26 municipios da nosa xeografía

Brinde Movemento Viño D.O. 2017
Brinde Movemento Viño D.O. 2017

O Día Movemento Viño D.O. celébrase por segundo ano consecutivo o sábado 12 de maio. Un ano máis a Denominación de Orixe Rías Baixas unirase de novo á celebración deste día que terá lugar na pontevedresa Praza da Pedreira coa actuación do grupo local La Casa de los Ingleses.

O Día Movemento Viño D.O. está concibido como unha xornada festiva, popular e participativa na que o gran protagonista será o viño con denominación de orixe, por iso o acto central será un gran brinde colectivo, ás 13:30 horas, no que miles de persoas á vez, desde distintos puntos da nosa xeografía, brindarán simultaneamente. Un sinxelo xesto co que poñer en valor a calidade e a diversidade deste produto e achegalo a aqueles que aínda non o descubriron.

Esta xornada está impulsada por 26 denominacións de orixe españolas e pola Conferencia Española de Consellos Reguladores Vitivinícolas co obxectivo de gozar e achegar o viño con denominación de orixe ao público en xeral e aos mozos en particular. 

Esta inicitiva celebrouse por primeira vez o 20 de maio de 2017. A D.O. Rías Baixas fíxoo na Praza do Concello de Cambados.