A demolición do vello cuartel da Garda Civil comezará en agosto

Pontevedra
24 de xullo 2018

Os traballos de demolición da antiga comandancia da Garda Civil en Pontevedra, situada entre Loureiro Crespo e Casimiro Gómez, comezarán en agosto. Así figura no proxecto presentado pola promotora desta actuación ante o Concello

Antiga Comandancia da Garda Civil en Pontevedra PontevedraViva

Os traballos de demolición da antiga comandancia da Garda Civil en Pontevedra, situada entre Loureiro Crespo e Casimiro Gómez, comezarán en agosto. Así figura no proxecto presentado pola promotora desta actuación ante o Concello.

O alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores, confirmou que a empresa DomusVi, que converterá estas instalacións nunha residencia da terceira idade, "teñen o máximo interese en avanzar".

A este respecto, explicou que desde o Concello están axilizando a tramitación da licenza ao entender que se trata dun centro que xerará actividade económica na cidade.

Os técnicos da empresa que comprou o solar están en permanente contacto cos técnicos municipais para abordar as distintas fases do proxecto

O novo edificio sociosanitario de Casimiro Gómez daralle "outra prestancia" á rúa, segundo Fernández Lores, e permitirá "dignificar" esta zona da cidade, xunto coa reforma urbana que se está realizar na zona.

O Concello vén de concluír os traballos de acondicionamento do novo cruzamento coa rúa da Seca e a nova zona verde do Camiño Vello de Castela.