A Deputación ampliará a denuncia contra Gonzalo Durán

O Salnés
11 de outubro 2018

A presidenta da  Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, referiuse á rolda de prensa do alcalde de Vilanova de Arousa aludindo á "teoría do calamar" segundo a cal "intenta botar tinta para ver si eres capaz de tapar as vergonzosas actuacións das que eres protagonista"

Carmela Silva, presidenta da Deputación de Pontevedra
Carmela Silva, presidenta da Deputación de Pontevedra

A presidenta da  Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, referiuse á rolda de prensa do alcalde de Vilanova de Arousa aludindo á "teoría do calamar" segundo a cal "intenta botar tinta para ver si eres capaz de tapar as vergonzosas actuacións das que eres protagonista".

"Logo do hoxe acontecido imos ampliar a denuncia", anunciou Carmela Silva. "O que hoxe aconteceu retrata perfectamente a quen fai estas cousas", agregou.

A presidenta da Deputación asegurou sentirse "profundamente avergonzada" de que a administración autonómica e que os deputados provinciais do Partido Popular "amparen o machismo".

"Eu non podo crer que o presidente da Xunta, o seu goberno e os deputados e deputadas provinciais do Partido Popular amparen o machismo, non o podo entender", dixo Silva.

"A loita pola igualdade non ten marcha atrás", sentenciou.

Carmela Silva concluíu que sobre este asunto non vai dicir "nin unha palabra máis".