A Deputación cofinanciará a dotación de dous camións para a recollida de residuos en Ribadumia

O Salnés
18 de decembro 2023

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, asinou este luns co alcalde do Concello de Ribadumia David José Castro un convenio de colaboración a través do cal o goberno provincial financiará con máis 200.000 euros, o 44 % do orzamento, o proxecto para a recollida de residuos sólidos urbanos neste municipio. O Concello, pola súa banda, achega o 56 % restante, uns 250.000 euros

O presidente da Deputación, Luis López e o alcalde de Ribadumia, David Castro
O presidente da Deputación, Luis López e o alcalde de Ribadumia, David Castro / Deputación de Pontevedra

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, asinou este luns co alcalde do Concello de Ribadumia David José Castro un convenio de colaboración a través do cal o goberno provincial financiará con máis 200.000 euros, o 44 % do orzamento, o proxecto para a recollida de residuos sólidos urbanos neste municipio. O Concello, pola súa banda, achega o 56 % restante, uns 250.000 euros. 

Este convenio está enmarcado no Programa Provincial de Infraestruturas e Dotacións Singulares para a Execución da Axenda 2030 (PON2030).

O proxecto, valorado en máis de 450.000 euros, consiste na dotación para o Concello de Ribadumia de dous camións para a recollida de residuos, un con recolector de carga traseira e outro con equipo recolectos satélite que se encargarán da recollida da fracción do contedor verde e do contedor marrón. 

De xeito paralelo, o plan inclúe tamén a instalación de contedores para restos orgánicos (contedor marrón) para o casco urbano de Ribadumia, así como a posta en marcha dunha experiencia piloto con colectores para plástico e cartón individuais nas parroquias de Barrantes e Sisán. 

Con este convenio, o Concello adquirirá tamén un equipo para a limpeza dos contedores. 

Segundo recolle o convenio, o proxecto deberá estar implantado antes do 30 de abril de 2025.