A Deputación incluirá no convenio co Concello de Pontevedra a mellora dos accesos á Comandancia da Garda Civil

Pontevedra
17 de abril 2015

O presidente da Deputación, Rafael Louzán, deu conta este venres do convenio que a institución provincial vai establecer co concello de Pontevedra para a execución de tres obras

Miguel Anxo Fernández Lores e Rafael Louzán
Miguel Anxo Fernández Lores e Rafael Louzán / Mónica Patxot

O presidente da Deputación, Rafael Louzán, deu conta este venres do convenio que a institución provincial vai establecer co Concello de Pontevedra para a execución de tres obras.  

Trátase da remodelación dos accesos á Comandancia da Garda Civil en colaboración coa Dirección Xeral da Garda Civil, a pavimentación das antigas estradas provinciais Pedra do Lagarto-Marcón e Mollabao-Sixto, e a reparación da Ponte da Gándara sobre o río Rons.

Segundo o anuncio feito por Louzán, a Deputación someterá a decisión do pleno o proxecto para a mellora das instalacións da Garda Civil por importe de 150.000 euros e a colaboración prevista co goberno municipal de Pontevedra dentro da partida destinada a inversión en cooperación con entidades locais por importe por 560.000 euros.