A Deputación insta á Xunta a que asuma as competencias da Estación Fitopatolóxica de Areeiro

Pontevedra
14 de febreiro 2020

O deputado Manuel González plantexou ao director xeral de Gandería a creación dunha Comisión Técnica para iniciar o proceso e a firma dun convenio para que a Xunta colabore no proxecto de modernización no que xa traballa a Deputación cos concellos e co sector gandeiro

Visita á Estación Fitopatolóxica do Areeiro
Visita á Estación Fitopatolóxica do Areeiro / Deputación de Pontevedra

A Deputación de Pontevedra instou este venres á Xunta de Galicia a que de os pasos necesarios para facerse cargo das súas competencias na Estación Fitopatolóxica de Areeiro e tamén na Finca de Mouriscade (Lalín), dous servicios "que ata agora atende de forma impropia a institución provincial".

Nun encontro mantido este venres en Santiago, o deputado delegado, Manuel González, comunicou ao director xeral de Gandería, José Balseiros, a necesidade de crear unha Comisión Técnica para iniciar o proceso. Segundo informou a Deputación, o director xeral se mostrou "receptivo" á espera de falar co Conselleiro de Medio Rural.

De feito, a Deputación trasladará nas próximas semanas á Xunta un documento no que se recollen as funcións que se realizan en ambos os dous servizos, o seu persoal, a extensión, os costes que lle supón á Deputación de Pontevedra e as edificacións, así como as persoas que formarían parte da Comisión caso de chegarse a un acordo.

"Esperamos que a Xunta teña a ben colaborar e non entenderíamos unha negativa", dixo o deputado.