A Deputación de Pontevedra sacou peito da súa xestión este mércores e, citando un informe da Federación Nacional de Asociaciones de Traballadores Autónomos (ATA), destacou que é a administración provincial de toda España que antes abona as súas facturas.
Segundo a información facilitada pola Deputación, liderou o ranking do pago a proveedores no primeiro semestre deste ano 2018, cun tempo medio de pago de 17 días.
A Deputación sitúase por diante das deputacións da Coruña ou Palencia que, cun periodo de 20 días, se sitúan en segundo lugar. Ten, ademais, cifras máis positivas que as da Xunta de Galicia, que paga a 33 días.
Tras coñecer o informe de ATA, a presidenta provincial, Carmela Silva, expresou a súa satisfacción polos datos: "estamos a traballar arreo para que as boas prácticas sigan a ser a nosa sinal de identidade".