A Deputación ofrece unha ferramenta aos concellos para xestionar a atención aos seus veciños

Pontevedra
03 de xuño 2020

A aplicación ofrece ao usuario a opción de ser atendido de forma presencial, por teléfono ou por videollamada; pero serán os  concellos os que decidan o tipo de atención de cada servizo ou departamento

O servizo de cita previa estará dispoñible a través do ordenador e dispositivos móbiles
O servizo de cita previa estará dispoñible a través do ordenador e dispositivos móbiles / StartupStockPhotos en Pixabay

A Deputación de Pontevedra, co obxectivo de facilitar a adaptación dos concellos á nova normalidade derivada da pandemia do coronavirus, ten previsto implantar en 44 municipios de menos de 50.000 habitantes e nas Mancomunidades do Salnés, O Morrazo e Val Miñor; o sistema de cita previa para atención á cidadanía deseñado pola empresa Xestiona.

O sistema foi presentado de forma telemática a mediados de maio e recibiu unha gran acollida por parte das administracións locais. Agora, o ente provincial está a organizar un calendario formativo adaptado ás necesidades específicas de cada un dos solicitantes para integrar o sistema de cita previa no día a día de cada administración, co obxectivo de telo instalados en todos os solicitantes en poucas semanas.

Esta ferramenta permite ao usuario pedir cita previa na modalidade presencial, telefónica ou por videollamada. Aínda que será o propio concello o que decica que servizos e departamentos terán cita previa e como realizar a reserva. Así a administración poderá organizar diferentes axendas e configurar diferentes franxas horarias de atención ao público.

Entre as accións que se poden leva a cabo de forma telemática grazas á plataforma da Deputación atópanse reunións, plenos virtuais, mesas de contratación a distancia, así como traballo colaborativo entre o funcionariado. Ademais, o sistema permite a realización de retransmisións en directo a través da propia sede electrónica ou por redes sociais.