A Deputación valora como "éxito rotundo" a súa presenza na Feira Internacional de Turismo do Interior

Pontevedra
22 de novembro 2022

A provincia posicionouse como un destino con opcións singulares de excelencia vinculadas ao turismo interior e familiar. Espertou moito interese a ruta das camelias, as experiencias relacionadas coa cultura, os camiños, a programación de Nadal, a enogastronomía e as festas

A deputada de Turismo nunha reunión de traballo en INTUR
A deputada de Turismo nunha reunión de traballo en INTUR

A Deputación de Pontevedra vén de pechar a súa participación na Feira Internacional de Turismo do Interior, Intur, celebrada en Valladolid cun "exitoso" balance. 

Neste evento a provincia posicionouse como un destino con opcións singulares de excelencia vinculadas ao turismo interior e familiar.

A deputada de Turismo Ana Laura Iglesias comentou que numerosos grupos amosaron interese en elementos como a ruta das camelias, as experiencias relacionadas coa cultura, os camiños, a programación de Nadal, a enogastronomía e as festas. 

Coa participación en INTUR, sumada á presenza en FITUR (Madrid), Expovacaciones (Bilbao) e aos workshops celebrados en outubro en Bilbao e Sevilla, a institución provincial pecha a comercialización turística das Rías Baixas do ano 2022.