A deputada Ángeles Marra traslada o apoio do goberno central ao Concello de Cuntis

Umia
05 de novembro 2021

Entre as reivindicacións feitas destacaron a de poñer en marcha un proxecto de humanización da estrada N-640 ao seu paso polo concello, a mellora da conexión coa AP-9 ou o polígono industrial

Ana Loureiro, Manuel Campos, Ángeles Marra e Jose Treviño
Ana Loureiro, Manuel Campos, Ángeles Marra e Jose Treviño / Concello de Cuntis

Este venres o alcalde de Cuntis, Manuel Campos, e os concelleiros do grupo municipal socialista de Cuntis Ana Loureiro e Jose Treviño mantiveron unha reunión de traballo coa deputada pola provincia de Pontevedra e portavoz do PSOE na área de Transformación Dixital no Congreso, Ángeles Marra.

Durante este encontro repasaron os investimentos feitos polo Estado en Cuntis á vez que o grupo socialista local trasladáballe novas reivindicacións á deputada.

Entre as demandas feitas destacaron a de poñer en marcha un proxecto de humanización da estrada N-640 ao seu paso polo concello, a mellora da conexión coa autoestrada AP-9 ou o polígono industrial.

O alcalde Manuel Campos agradeceu a visita da deputada e a boa sintonía existente entre as parte ao tempo que mostrou a súa vontade de manter novos encontros para avanzar nestes e outros proxectos para o Concello de Cuntis.