A desescalada tamén se nota no número de multas da Policía Local

Pontevedra
26 de maio 2020

A Policía Local de Pontevedra formulou 533 denuncias por presuntas infraccións ao decreto de Estado de Alarma desde a súa entrada en vigor o pasado 14 de marzo, segundo datos oficiais facilitados pola concelleira responsable de Seguridade Cidadá, Eva Vilaverde. O 76% destas multas foron impostas a homes e o resto a mulleres

Eva Villaverde, concelleira de Seguridade Cidadá
Eva Villaverde, concelleira de Seguridade Cidadá / Concello de Pontevedra

A Policía Local de Pontevedra formulou 533 denuncias por presuntas infraccións ao decreto de Estado de Alarma desde a súa entrada en vigor o pasado 14 de marzo, segundo datos oficiais facilitados pola concelleira responsable de Seguridade Cidadá, Eva Vilaverde.

O 76% destas multas foron impostas a homes e o resto a mulleres.

Por tramos de idade o grupo de cidadáns de entre 18 e 39 anos acumula o maior número de multas.

Eva Vilaverde destacou o descenso nas denuncias que se aprecia cada semana e que nesta última só rexistraba 6 infraccións. Tamén houbo catro multas a locais que abriron máis veladores dos permitidos.

A edil nacionalista celebrou especialmente un dato, o do número de fogares con algunha persoa enferma da Covid-19 na cidade de Pontevedra e aos que se presta un servizo especial de recollida da lixo porta a porta, a día de hoxe no Concello "non temos constancia de casos activos".