A DGT mira cara Pontevedra para regular a mobilidade peonil e ciclista no seu novo código

Pontevedra
25 de xuño 2014

A nova normativa de Tráfico ten, segundo César Mosquera, unha marcada pegada pontevedresa. Moitas das propostas remitidas dende o goberno municipal, que buscaba recoller no novo código de circulación a realidade viaria de Pontevedra, foron aceptadas pola Dirección General de Tráfico (DGT) e se incorporaron ao proxecto de actualización da Lei de Tráfico e ao novo regulamento de circulación

Pedalada 2014
Pedalada 2014 / Diego Torrado

A nova normativa de Tráfico ten, segundo César Mosquera, unha marcada pegada pontevedresa. Moitas das propostas remitidas dende o goberno municipal, que buscaba recoller no novo código de circulación a realidade viaria de Pontevedra, foron aceptadas pola Dirección General de Tráfico (DGT) e se incorporaron ao proxecto de actualización da Lei de Tráfico e ao novo regulamento de circulación.

Tan só unha das doce principais propostas de Pontevedra non foi considerada. ÿ a relativa ao concepto de aparcadoiro de carga e descarga, que o goberno municipal pretendía que se asemellase ao modelo de estacionamento de servizos que se aplica na cidade. O resto, centradas especialmente na mobilidade ciclista e peonil ou a limitación da velocidade en diferentes vías, foron aceptadas e incorporadas ao novo regulamento.

Todas elas se incluían, recordou Mosquera, nun documento de 21 páxinas que o Concello de Pontevedra enviou en decembro de 2010 á DGT, xusto despois de anunciarse a modificación e actualización que ían sufrir a Lei de Tráfico e o Regulamento de Circulación.

O espírito de todas elas, sinalou o edil nacionalista, é avanzar no principio de que a seguridade vial "debe ser proporcional á vía pola que se circula", limitando a valoración subxectiva do condutor sobre os riscos na circulación "porque teoricamente está moi ben, pero na práctica non funciona". E cunha especial énfase nas diferentes mobilidades que hai nas vías urbanas "mal recollidas non código", apostando por unha maior convivencia.

Entre as propostas achegadas por Pontevedra, César Mosquera explicou que o novo código non considera os pasos de peóns elevados como obstáculos na calzada, acepta a peatonalización de vías como acción ambiental, limita a velocidade en diferentes vías, dá preferencia peonil en rúas de plataforma única, acepta que os ciclistas menores de 14 anos poidan circular pola beirarrúa ou prohibe andar con bicicleta por zonas verdes e paseos.

Mosquera sinalou que en Galicia mellorou notablemente a seguridade vial nos últimos anos, pero os "puntos fracos" seguen sendo o viario secundario e os ámbitos urbanos, de aí que as propostas pontevedresas se centrasen niso. Todas estas medidas permitiron, explicou, mellorar os datos de sinestralidade en Pontevedra. No que vai de 2014, dixo, non se produciu nin un só morto ou ferido grave no ámbito urbano.