A discapacidade intelectual non é un obstáculo para ser funcionario

Pontevedra
06 de abril 2017

17 persoas con discapacidade intelectual de ASPACE-Galicia acudirán o 8 de abril ao proceso selectivo da Xunta en Santiago de Compostela. Trátase do primeiro proceso selectivo da Xunta reservado exclusivamente para persoas con discapacidade intelectual

Exámenes de oposición da Xunta
Exámenes de oposición da Xunta

O 8 de abril, 17 usuarios de ASPACE-Galicia acudirán ao primeiro proceso selectivo da Xunta reservado exclusivamente para persoas con discapacidade intelectual no Pazo de Congresos de Santiago de Compostela.

Máis de 400 opositores presentaranse ás 10 horas, ás probas do concurso-oposición da Xunta para cubrir as 6 prazas ofertadas para o posto de ordenanza. En canto ás prazas que se ofertan en Galicia, os destinos serán para A Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra e Santiago.

En ASPACE-Galicia, dous profesionais prepararon ao grupo de opositores con parálise cerebral que realizará a primeira proba tipo test. Un opositor é de Pontevedra, 12 de Vigo e 4 da Coruña.

Serán as primeiras oposicións da Xunta de Galicia que se reservan exclusivamente a persoas con discapacidade intelectual para facilitar a inserción laboral do colectivo na Administración. Para 2016, a Xunta incrementou a Oferta de Emprego Público ata as 33 prazas: 17 para celadores do SERGAS, 12 para funcionarios subalternos e 4 para o corpo auxiliar (Grupo C2).