O xefe territorial de Educación en Pontevedra, César Pérez, reuniuse este xoves co equipo directivo do colexio Praza de Barcelos, representantes da Asociación de Nais e Pais de Alumnos (ANPA) O Galo e a empresa que executa as obras no solar lindeiro e responsable dos danos na estrutura do colexio.
Segundo informou a Consellería de Educación, a reunión foi convocada "ante a inacción por parte do Concello de Pontevedra".
Estas mesmas fontes, nesta reunión a empresa asumiu toda a responsabilidade.
Ademáis esta empresa comprometeuse a levar a cabo de reparación tan pronto como dispoñan do proxecto e o Concello conceda a pertinente licencia e autorícelles a acometer as obras.