A Escola de Enxeñaría Forestal celebra San Leandro, o seu patrón

Pontevedra
06 de abril 2017

Profesorado, persoal de administración e servizos e alumnado da Escola de Enxeñaría Forestal que conmemora o día do seu patrón, San Leandro, con diferentes actividades formativas e lúdicas impulsadas polo alumnado

Ofrenda floral na Escola de Enxeñaría Forestal
Ofrenda floral na Escola de Enxeñaría Forestal

Profesorado, persoal de administración e servizos e alumnado de diferentes centros do campus reuníronse este xoves na Escola de Enxeñaría Forestal para participar na ofrenda floral que persoal deste centro dedica cada ano aos membros da comunidade universitaria falecidos.

Fixérono ademais nunha xornada marcada pola celebración neste centro, que conmemora o día do seu patrón, San Leandro, con diferentes actividades formativas e lúdicas impulsadas polo alumnado.

Así, esta xornada de homenaxe e celebración abriuse con dous coloquios que achegaron ao alumnado á realidade dos morcegos e das aves rapaces nocturnas e verase completada ao longo da tarde por diferentes actuacións musicais.

Xa pola tarde, a divulgación dá paso á celebración, cos concertos de Igardo N´Di Soul, Natural Sound, Stock, Envy, Dj Pando e Anoudhdr, aos que se suman torneos, xogos ou o sorteo de libros entre os asistentes.