A Escola Naval de Marín celebra a súa primeira promoción universitaria

Marín
11 de xullo 2015

Para subliñar a relevancia da primeira promoción de alumnos que obterá simultáneamente un despacho de oficial e o título de grao en Enxeñaría Mecánica pola Universidade de Vigo, a entrega de Despachos contará coa presenza de Sus Majestades los Reyes, Don Felipe VI e Dona Letizia. Como sempre, a cerimonia estará enmarcada nos actos en honor á patroa, a Virxe do Carmen o día 16 de xullo

Entrega de reais despachos na Escola Naval de Marín
Entrega de reais despachos na Escola Naval de Marín / Mónica Patxot

O Comandante-Director da Escola Naval Militar de Marín, Juan Luis Sobrino, despediuse este venres do alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, no marco da rolda de visitas institucionais de despedida ao concluír o seu mandato.

Este pontevedrés xa estivera na institución militar marinense como profesor, pero foi durante a súa etapa como máximo responsable deste centro cando asumiu "el reto muy importante de mandar la Escuela Naval, con todo lo que ello implica", segundo el mesmo sinalou.

Juan Luis Sobrino recordou cual é a súa misión: "estamos encargados de formar a los futuros oficiales de la Armada" e por se alguén non é consciente engade "esa es una responsabilidad muy grande".

"El mayor reto que tenía cuando llegué era finalizar la implantación del nuevo modelo de carrera", indicou o Comandante-Director. É un obxectivo cumprido xa que, nuns días, aqueles rapaces que entraron no recinto castrense como bachareis sairán da Escola convertidos nos primeiros oficiais cun título da Universidade de Vigo, o de Enxeñaría Mecánica.

Para chegar a este punto houbo que desenvolver un labor importante de coordinación e neste sentido Juan Luis Sobrino asegurou que "estamos satisfechos de cómo se ha desarrollado y cómo ha ido todo", de aí que o Director non oculte que está "muy contento por el esfuerzo que ha hecho la gente para que este modelo se consolidara".

Para subliñar a relevancia da primeira promoción de alumnos que obterá simultáneamente un despacho de oficial e o título de grao en Enxeñaría Mecánica pola Universidade de Vigo, a entrega de Despachos contará coa presenza de Sus Majestades los Reyes, Don Felipe VI e Dona Letizia. Como sempre, a cerimonia estará enmarcada nos actos en honor á patroa, a Virxe do Carmen o día 16 de xullo.

NÚÑEZ TORRENTE

O relevo á fronte da Escola Naval materializarase coa entrega do mando o próximo 24 de xullo cando esta previsto que tome posesión do cargo o capitán de Navío, José María Núñez Torrente, que ata o pasado mes de maio ocupaba un posto no Ministerio de Defensa en Madrid.

Núñez Torrente tamén cursou estudos en Marín onde hai uns anos chegou a exercer o posto de xefe de estudos. Juan Luis Sobrino non quixo dar ningún consello ao seu relevo no cargo, pero si lle desexou "suerte, para que salgan bien las cosas como todos deseamos".