Dez días despois do anuncio realizado pola Escola Naval Militar de Marín no que comunicaba a súa participación na Operación Balmis de loita contra a expansión do coronavirus a través da preparación de medio centenar de habitacións para albergar infectados na residencia do centro castrense, os profesionais desta institución manteñen o operativo listo á espera de ser activados polo Ministerio de Defensa en calquera momento.
Desde o departamento de comunicación da Escola explican que teñen acondicionadas cincuenta cuartos individuales con baño para acoller enfermos tan pronto como as autoridades sanitarias o estímen oportuno para desconxestionar os hospitais que nalgunhas cidades do país comezas a estar ao bordo do colapso.
A atención a enfermos non é a única misión para a que están preparados no centro marinense. Tamén teñen listas 112 camas para dar apoio a outras unidades das Forzas Armadas despregadas por distintos puntos da comunidade autónoma para realizar labores de desinfección e vixiar que se cumpren as normas de confinamento que recollen o decreto do estado de alarma.
Polo momento, estas dependencias permanecen baleiras, pero preparadas para entrar en servizo "no momento no que sexa preciso", sinalan desde a Escola.
Para contribuír á contención da pandemia toda a dotación e alumnos do centro atópanse nos seus domicilios particulares. A actividade docente presencial suspendeuse e os alumnos e profesores continúan os cursos de maneira non presencial grazas ás redes informáticas do Ministerio de Defensa e da Universidade de Vigo.