A Estrada do Balneario de Ponte Caldelas loce a súa nova imaxe

Ponte Caldelas
18 de marzo 2022

A obra reformou completamente o entorno da finca do Balneario, adquirida polo Concello en 2017 ó Sareb e na que está previsto implantar a futura Estación Termal

Estrada do Balneario de Ponte Caldelas tras a súa renovación Concello de Ponte Caldelas

Ponte Caldelas xa goza da renovada Estrada do Balneario, concluídos os traballos de renovación acometidos.

Tratouse dunha obra a 'custo cero' para as arcas municipais, ao estar financiada nun 80% por fondos europeos e co 20% restante a cargo do Plan Concellos da Deputación.

Os traballos reformaron completamente a contorna da finca do Balneario, adquirida polo Concello en 2017 ao Sareb e na que está previsto implantar a futura Estación Termal.

En concreto creouse unha vía de sentido único con medidas de acougado de trafico, novo mobiliario urbano e beirarrúas empedradas, dando continuidade á imaxe da Praza de España e a Avenida de Vigo.

Segundo informa o Concello as zonas axardinadas instaladas conta con 25 árbores, conseguindo un espazo "para o uso de goce de todos os veciños de Ponte Caldelas", sinalou o alcalde, Andrés Díaz.

CONTROL DE ACCESO Á PRAZA DE ESPAÑA

Doutra banda o Concello de Ponte Caldelas vén de instalar un novo valo de control de acceso á Praza de España, substituíndo os pivotes que alí se atopaban.

Trátase dun elemento levadizo controlado por persoal municipal que permanecerá aberto ao tráfico de luns a venres entre as 7.00 e as 14.15 horas, prohibindo a circulación as tardes, as fins de semana e os días festivos.

Tamén se instalou un control de acceso no Paseo de Mamá Clotilde para limitar o paso de vehículos a residentes e negocios.