A estrada municipal entre Cavadosa e Caroi vai mellorarse cun investimento de 43.000 euros

Cerdedo Cotobade
10 de novembro 2020

Nestas obras vai abordarse a renovación do firme que estaba moi deteriorado, a instalación da canalización de augas pluviais e tamén se van mellorar as cunetas existentes

Estrada entre Cavadosa e Caroi, en Cerdedo-Cotobade
Estrada entre Cavadosa e Caroi, en Cerdedo-Cotobade / Concello de Cerdedo-Cotobade

Case 42.780 euros irán destinados á reforma do acceso entre Cavadosa e Caroi. Esta partida procedente do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra servirá para reformar un vial de titularidade municipal que se atopaba nunha situación moi precaria.

Nesta estrada local comprobábase a existencia de fochancas que dificultaban a circulación de vehículos, segundo afirman desde o goberno local de Cerdedo-Cotobade.

O alcalde Jorge Cubela sinala que atendeu a petición da veciñanza e, desta forma, emprégase parte do aforro realizado no proceso de contratación de diversas obras integradas no Plan Concellos a mellorar esta estrada que afecta as persoas que habitualmente se trasladan entre as dúas poboacións.

Está previsto o asfaltado de todo o vial, a mellora das actuais cunetas e a construción de sistemas de recollida e canalización de augas pluviais que nos meses con máis precipitacións ocasionan dificultades para o acceso nesta zona. Por este motivo, instalaranse sistemas de recollida de auga e de drenaxe que permitan o tránsito.