A estratexia verde da UE para a recuperación tralo coronavirus chega á industria pontevedresa

Pontevedra
24 de abril 2020

No Parlamento Europeo vén de asinarse a Alianza Europea para unha Recuperación Verde, un compromiso conxunto dos países membros para impulsar solucións ecolóxicas e sostibles na estratexia da Unión Europea para a recuperación económica unha vez remate a crise sanitaria

A celulosa dos eucaliptos produce unha fibra natural alternativa ao plástico
A celulosa dos eucaliptos produce unha fibra natural alternativa ao plástico / Mónica Patxot

No Parlamento Europeo vén de asinarse a Alianza Europea para unha Recuperación Verde, un compromiso conxunto dos países membros para impulsar solucións ecolóxicas e sostibles na estratexia da Unión Europea para a recuperación económica trala a crise sanitaria causada polo coronavirus.

A iniciativa foi presentada por Pascal Canfin, presidente da Comisión de Medio Ambiente do Parlamento Europeo. O seu manifesto está apoiado por 180 responsables políticos, directivos de grandes multinacionais, sindicatos, ONGs e expertos.

Un dos sectores estratéxicos que subscribiu este acordo foi o da celulosa, a través da Confederación de Industrias Papeleiras Europeas, da que forma parte a empresa Ence.

Este compromiso coa ecoloxía e a economía verde de cara á volta a actividade industrial plena tralo estado de alarma, únese ás accións que arestora está levando a cabo a fábrica de Pontevedra, como responsable de ofrecer produtos esenciais para as necesidades dos profesionais sanitarios e da poboación en xeral para facer fronte á pandemia.

Dende Ence infórmase que a compañía se atopa inmersa no desafío sanitario, económico e social que supón a pandemia do Covid-19. A papeleira pontevedresa mantén a subministración tanto de celulosa, para a produción de material hixiénico e sanitario, como de enerxía, para prestar servizo a fogares e centros médicos e asistenciais.

Para garantir a súa continuidade, tanto as  biofábrica de Ence-Pontevedra como as diferentes plantas de enerxía renovable da compañía continúan en marcha, extremando as medidas de seguridade para evitar calquera risco de contaxio entre os seus traballadores.

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde

Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.

Activar agora