A Exposición Canina Nacional e Internacional regresa a Ponte Caldelas coa súa cuarta edición

Ponte Caldelas
04 de decembro 2021

Unha das datas máis esperadas para os amantes dos cans de raza está á volta da esquina. Os días 11 e 12 de decembro, chegará a Ponte Caldelas a IV Exhibición Nacional e Internacional Canina, un dos eventos referentes no Concello que, en colaboración con Kennel Club España, organizará un ano máis o certame nacional e internacional

Exposición Nacional Canina de Ponte Caldelas
Exposición Nacional Canina de Ponte Caldelas / Concello de Ponte Caldelas

Unha das datas máis esperadas para os amantes dos cans de raza está á volta da esquina. Os días 11 e 12 de decembro, chegará a Ponte Caldelas a IV Exhibición Nacional e Internacional Canina, un dos eventos referentes no Concello que, en colaboración con Kennel Club España, organizará un ano máis o certame nacional e internacional.

En xogo estarán 3 puntos para o KCE por clase (xoves, intermedia, aberta, campións e veteranos) e 2 puntos para o Campeonato do Club CEBF (especial e monográfica). Ademais, disputarase o Campeonato Mediterráneo e a proba CEBF TAN, necesaria para a elección do mellor Bulldog Francés do ano e para o campionato do Club CEBF).

A exhibición dará comezo a partir das 9:30 horas, tanto o sábado como o domingo, no Pavillón Municipal de Chan da Barcia. O primeiro día celebrarase o campionato nacional e o segundo o internacional. Ademais, este ano entre o xurado estará o recoñecido xuíz búlgaro Kostadin Shankov, especialista en CEBF que axudará na difícil tarefa ao resto dos membros da mesa.

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde

Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.

Activar agora