A Facultade de Comunicación organiza un foro sobre a intelixencia artificial na loita contra a desinformación

Pontevedra
27 de maio 2024

O grupo de investigación Sepcom e o grupo de innovación docente Dixitais, da Facultade de Comunicación, promoven un congreso internacional que se desenvolverá os días 20 e 21 de xuño

Dafonte e Míguez son os directores deste congreso virtual
Dafonte e Míguez son os directores deste congreso virtual / Universidade de Vigo

O grupo de investigación Sepcom e o grupo de innovación docente Dixitais, da Facultade de Comunicación, promoven un congreso internacional que se desenvolverá os días 20 e 21 de xuño. 

Trátase do II Congreso Internacional de Comunicación en la Sociedad Digital e terá como un dos seus eixes centrais "o problema da desinformación como un dos desafíos claves que deben afrontar as sociedades contemporáneas". 

Mais concretamente, este foro virtual porá o foco nas implicacións que poden ter neste eido as ferramentas de intelixencia artificial, que poden supor un "grave perigo", pola súa capacidade de xerar informacións falsas "dificilmente distinguibles da realidade", pero tamén "unha ferramenta de utilidade para combater este fenómeno".

Dirixido por Alberto Dafonte e María Isabel Míguez, este congreso agarda repetir as cifras de participación da primeira edición, nun evento que poderá seguirse de xeito gratuíto a través dunha plataforma virtual. 

Xunto ás conferencias plenarias, o congreso estruturase en dez simposios temáticos centrados na comunicación política, desinformación e redes sociais, na ética no xornalismo dixital, no activismo social en internet ou nos "retos dixitais" da publicidade.