A feira ambulante do sábado seguirá na rúa Rafael Areses

Pontevedra
28 de setembro 2021

A Concellería de Promoción Económica e Turismo aclarou que a celebración do Campionato de España de Triatlón en modalidade Sprint non afectará ao desenvolvemento da feira

Feira ambulante de Rafael Areses Concello de Pontevedra

A feira ambulante do sábado 2 de outubro terá lugar, como vén sendo habitual, nas inmediacións do Recinto Feiral, na rúa Rafael Areses. 

A Concellería de Promoción Económica e Turismo aclarou que a celebración do Campionato de España de Triatlón en modalidade Sprint non afectará ao desenvolvemento da feira.

Deste xeito, os clientes poderán acceder con total normalidade aos postos de venda na rúa Rafael Areses.

O mercadiño ambulante leva celebrándose na zona da Xunqueira dende o ano 1998 no que o goberno do entonces alcalde José Rivas Fontán decidiu que a feira abandonase a praza de Barcelos. Dende entón os feirantes levan intentado regresar cos seus postos de venda ao centro da cidade.