O Consello da Xunta aprobou este xoves a declaración de Festa de interese turístico de Galicia para a Feira Franca.
A comisión de valoración tivo en conta requisitos como a antigüidade, a singularidade e orixinalidade, o valor cultural e o arraigamento cultural. Segundo a Xunta "esta celebración rexistra anualmente unha alta participación tanto dos veciños como dos turistas ataviados con vestimentas da época e respectando en todo o posible a estética do período recreado".
A festa remóntase á recreación do privilexio concedido polo rei Henrique IV no ano 1497, en virtude do cal se autorizaba a celebración dun mercado libre de impostos durante un mes. Esta concesión prolongouse ata finais do século XVI. A posta en marcha da recreación data do ano 2000.
O Consello da Xunta tamén aprobou a declaración de festa de interese turístico de Galicia para a Festa da Merluza do Pincho de Celeiro e mais para a Romaría da Tortilla de Laro, en Silleda.
Con estas novas declaracións, a Comunidade conta xa con 87 festas de interese turístico de Galicia, as que hai que engadir as 13 festas coa declaración de interese turístico nacional e as 6 co distintivo de festa de interese turístico internacional.