A Ferrería acolle o monólogo "Salvar ao cooperativista Adrián"

Pontevedra
18 de xuño 2017

A campaña "Cooperativismo en movemento", coa que a Xunta está levando ás vilas galegas as vantaxes deste modelo empresarial, fixo escala este sábado en Pontevedra cunha exposición e o espectáculo de humor "Salvar ao cooperativista Adrián" do monologuista Marcos Pereiro

"Salvar ao cooperativista Adrián" co monologuista Marcos Pereiro
"Salvar ao cooperativista Adrián" co monologuista Marcos Pereiro / PontevedraViva

A campaña "Cooperativismo en movemento", coa que a Xunta está levando ás vilas galegas as vantaxes deste modelo empresarial, fixo escala este sábado en Pontevedra cunha exposición e o espectáculo de humor "Salvar ao cooperativista Adrián" do monologuista Marcos Pereiro.

A través de diferentes elementos e recursos, combinados co seu particular humor, amosou ao público asistente o que se pode chegar a facer cooperando cos demais "e incluso cun mesmo".

A Praza da Ferrería acolleu esta iniciativa, promovida pola Consellería de Economía, Emprego e Industria, e que está enmarcada dentro da programación que se está desenvolvendo no mes previo ao Día do Cooperativismo Galego, que se celebrará o sábado 1 de xullo.