A Ferrería, eixo central das xornadas municipais de historia que recupera o Concello de Pontevedra

Pontevedra
29 de setembro 2014

Será un complemento para a exposición que acollerán os cubos da Praza de Ourense, a partir do próximo 3 de outubro, na que se afondará sobre a historia da Ferrería, un dos principais espazos do centro histórico

Praza da Ferrería
Praza da Ferrería

Os cubos da Praza de Ourense acollerán, a partir do próximo 3 de outubro, unha exposición que afondará sobre a historia da Ferrería, un dos principais espazos do centro histórico. Trátase dun "centro neurálxico" da actividade diaria en Pontevedra, segundo o concelleiro Luis Bará, que chegou a cualificala como "a sala de estar da cidade", debido á importancia que ten para a convivencia dos cidadáns.

Esta exposición, que será presentada en próximos días, irá acompañada da edición dunha pequena publicación sobre a praza, coordinada polo responsable do Arquivo Municipal, Enrique Sotelo. E como complemento, o Concello de Pontevedra recupera a celebración dunhas xornadas municipais de historia, nas que diferentes expertos analizarán o desenvolvemento desta praza e o seu paralelismo con espazos noutras cidades galegas.

Estas xornadas, que se celebrarán na Casa das Campás os próximos días 1 e 2 de outubro, compóñense de catro conferencias que, segundo Enrique Sotelo, "nos proporcionarán unha visión da evolución de Pontevedra e de Galicia".

A programación destas xornadas é a seguinte:

MÿRCORES 1

  • 18.30 horas. As feiras en Galicia, por Juan Juega Puig.
  • 19.30 horas. As profesións do desenvolvemento das cidades, por Gonzalo Francisco Fernández Suárez.

 

XOVES 2

  • 18.30 horas. A tipoloxía arquitectónica das praias maiores galegas, polo grupo IALA da Univerdade da Coruña.
  • 19.30 horas. O Corpus e os seus antecedentes históricos, por Domingo Luis González Lopo.


Segundo Luis Bará, o Concello de Pontevedra traballará para darlle continuidade a estas xornadas de historia, de forma que os interesados nesta materia "teñan un referente anual". Asegura que as temáticas que se poden tratar "son moi amplas" e cre que sería o complemento perfecto para as exposicións que teñen previstas programarse no futuro.