Gastronomía e música, unha aposta gañadora. Campelo acolle durante a fin de semana a que é a XXXI edición da Festa da Ameixa, todo un clásico que non defrauda ano tras ano.
Ata 570 quilos de ameixa babosa da ría de Pontevedra puxéronse a disposición dos visitantes na carpa instalada na Praza da Granxa para as dúas xornadas de degustación, de sábado e domingo.
Racións de ameixas con arroz, con fideos ou á mariñeira que non deixaron indiferente a ninguén.
Con todo a gastronómica era só unha parte da festa, xa que este ano a cita contaba co acompañamento musical de Treixadura na noite do venres, Andy & Lucas o sábado e a verbena do grupo Claxxon o domingo.
Todo iso sen esquecer a tradicional homenaxe ás mariscadoras das tres confrarías da ría xubiladas ao longo do último ano.
Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde
Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.