A Festa do Albariño de Cambados, recoñecida como de Interese Turístico Internacional

O Salnés
11 de setembro 2018

A consecución desta distinción, a máis alta para un evento destas características, permitirá ao Concello conseguir máis axudas económicas das administracións e supoñerá unha maior promoción do evento

Festa do Albariño de Cambados 2018
Festa do Albariño de Cambados 2018 / Diego Torrado

O Goberno central comunicou este martes ao Concello de Cambados a súa decisión de recoñecer a Festa do Albariño de Cambados como de Interese Turístico Internacional.

A consecución desta distinción, a máis alta para un evento destas características, permitirá ao Concello conseguir máis axudas económicas das administracións e supoñerá unha maior promoción do evento.

O Concello de Cambados leva traballando para conseguir este recoñecemento en 2010, aínda que con anterioridade xa o tentara.

Na provincia outros eventos aspiran a obter este recoñecemento, como a Festa do Marisco do Grove.