A Festa do Marisco do Grove realizará unha presentación nacional en Sevilla

O Salnés
31 de agosto 2018

Dirixida a xornalistas, especialistas en turismo e prescritores, a presentación da festa terá lugar o próximo 14 de setembro

Presentación da Festa do Marisco en Barcelona
Presentación da Festa do Marisco en Barcelona / Concello do Grove

A cidade andaluza de Sevilla será escenario da presentación nacional da Festa do Marisco do Grove.

Do mesmo xeito que nos últimos anos o Concello organiza unha presentación do evento a nivel internacional, que se levou a cabo en Dublin en xuño, e outra a nivel nacional. 

Trátase dun evento dirixido a xornalistas, especialistas en turismo e prescritores que permite dar unha maior proxección ao evento, declarado de Interese Turístico Nacional.

A citada presentación desenvolverase o día 14 de setembro en colaboración da cadea hostaleira Eurostars.

A LV edición da Festa do Marisco do Grove celebrarase entre os días 4 e 14 de outubro.