A Festa do Marisco do Grove rebaixa as súas perdas á cifra de 73.900 euros

O Salnés
16 de xaneiro 2016

Segundo os datos facilitados polo Concello do Grove, na edición de 2015 rebaixou as perdas respecto a 2014 e 2013 cando o saldo negativo ascendeu a 130.106 e 130.339 respectivamente

Primeiros asistentes á XLII Festa do Marisco
Primeiros asistentes á XLII Festa do Marisco /

O Consello local de Turismo do Grove analizou a presentación das contas da última edición da Festa do Marisco partida a partida revisando facturas e a listaxe de gastos e ingresos.

A cincuenta e dúas edición desta festa celebrada en 2015 pechou con gastos que ascenden a 497.956 euros, entres os que se inclúen algunhas facturas de 2014 e máis de 13.000 euros de pagos pendentes á Sociedade de Autores (SGAE).

No capítulo de ingresos, a través das vendas realizadas na festa, as subvencións, patrocinios e concursos foron facturados por un total de 424.023 euros. O que supón que o saldo negativo final é de 73.932 euros

Desde o Concello do Grove enténdese que se aplicou unha corrección moi importante respecto dos dous anos anteriores cando as perdas ascenderon a 130.339 e 178.106 euros. O obxectivo que se expón para os próximos anos é que déficit sexa cero.

Todas estas contas serán presentadas aos veciños do municipio e postas a disposición no apartado de transparencia da web do Concello.