Tras dous anos de ausencia obrigada pola pandemia da covid-19, Bueu recupera unha das súas festas gastronómicas por excelencia, a Festa do Polbo.
O goberno municipal confirmou este mércores que a edición número 31 desta festa celebrarase a mediados do mes de agosto.
De cara á preparación da festa, o Concello convocou a todos os hostaleiros da vila a un encontro que se celebrará o próximo luns para analizar os detalles para a súa organización.
Avanzan que, como é tradición, haberá unha ampla programación na que ademais de degustar unha gran variedade de especialidades elaboradas con este cefalópodo, os asistentes poderán asistir a unha chea de actividades lúdicas e culturais.